500 anos xogando coas estudantes

Desde Erguer queremos denunciar o trato recibido por parte do estudantado de medicina da USC.
Este é un caso paradigmático da xestión da USC. Improvisación e abandono do estudantado.
Na anterior corentena fomos moitas as estudantes que padecemos estas mesmas problemáticas: avaliacións non consensuadas e con prazos moi breves, deficiente ou nula actividade docente, limitándose, por incapacidade ou vontade, a subir apuntamentos ás Aulas Virtuais.
No caso de Medicina USC, vimos de coñecer a suspensión das aulas presenciais e de prácticas no 5° curso, cos contratos aluguer feitos e matrícula paga sen ningún tipo de redución.
As estudantes merecemos un ensino de calidade. O ensino é un investimento e un dereito, non un privilexio nin un gasto.
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira