A XUNTA SEGUE SUBVENCIONANDO O ENSINO SEXISTA

Vén de darse a coñecer a orde pola que a Xunta de Galiza asigna os concertos aos centros educativos privados; en total case 4000 unidades de máis de douscentos centros, o que supón un incremento con respecto á anterior asignación (2013) e entre os que se atopan cinco colexios que segregan ao alumnado por cuestión de xénero.

Ademais, a Xunta blinda estes concertos ao facelos estensíbeis desde este curso 17-18 até o 22-23, xa de cheo na nova lexislatura.

É a propia LOMCE a que permite e fomenta este tipo de concertos, que estaban prohibidos pola LOE, ao eliminar a educación en igualdade como un criterio necesario para o acceso aos mesmos. A Xunta vai incluso un paso máis alá do que a LOMCE realmente exixe, xa que estende os concertos alén do límite temporal marcado pola lei.

Desde Erguer. Estudantes da Galiza queremos rexeitar que non só sigan aumentando o número de unidades educativas privadas mentres se reducen as públicas, senón que ademais se siga a subvencionar a centros que basean o ensino en conceptos retrógrados e machistas, a comezar pola propia segregación do alumnado. Resúltannos repulsivos os intereses que o goberno do Partido Popular ten en seguir fomentando a educación sexista e colaborando man a man co Opus Dei.

Seguimos loitando día a día por un ensino feminista!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará