Adhesión ao comunicado da FEL

Seguramente todas sexades conscientes da campaña de ciminalización iniciada contra o estudantado que formou parte do boicote ao acto organizado polo grupo empresarial PRISA na Universidade Autónoma de Madrid. Alí estaban coma relatores o expresidente Felipe González, responsábel de leis educativas como a LODE (1985) ou a amplamente rexeitada pola comunidade educativa LOPEG (1995), ademais de impulsor do papel das entidades concertadas na educación; e José Luis Cebrián, o Presidente Executivo do xornal El País e tamén coñecido polo seu traballo durante o franquismo coma redactor xefe no periódico Pueblo, órgano propagandístico ao servizo dos Sindicatos Verticais.

Tamén entendemos que nas aulas da Universidade Pública non deberan ter espazo as grandes empresas que pulan por privatizala e sempre estaremos do lado do estudantado combativo que denuncia isto.

Por iso, contra as campañas de criminalización e represión cara ao estudantado, é imprescindíbel tecer redes de apoio e solidariedade. Desde Erguer. Estudantes da Galiza adherímonos ao comunicado da Federación de Estudantes Libertarios e amosamos toda a nosa solidariedade e cariño ás compañeiras da FEL-Madrid e a todas as estudantes criminalizadas.

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *