As estudantes non somos o virus!

As estudantes levamos semanas asistindo a un linchamento mediático e institucional, séndomos albo de acusacións difamatorias que unicamente pretenden desviar as responsabilidades das institucións cara un colectivo usado como cabeza de turco. 

Ante o novo ascenso das cifras de doentes de Covid-19, en lugar de facer unha análise crítica das medidas e xestión das institucións, os medios de comunicación da rede clientelar do Partido Popular e do grande capital culpabilizan ás estudantes con acusacións delirantes como a de festas con entrada para pagar a multa. Esta é a mensaxe que se quer trasladar á opinión pública. Por outra parte, temos de pagar a ineficiencia das medidas de Xunta e Goberno. 

Denunciamos a falsidade deste argumentario, en primeiro lugar porque os datos non o avalan, en segundo lugar porque está sendo usado para ocultar a falta de persoal e infraestrutura sanitaria neste contexto pandémico, no que estamos a pagar máis ca nunca os anos de recortes e privatizacións na sanidade.

A única solución proposta por parte das institución está sendo un punitivismo exacerbado e populista en lugar de dar solucións aos problemas do estudantado.

Resulta curioso o desleixo por parte das institucións cando a estudantes lle son canceladas as prácticas, cando no período dunha semana a Medicina USC muda tres veces de criterio en canto á presencialidade repercutindo nos alugueiros das estudantes, na volta ás aulas preparada o mesmo día de inicio de curso -sen dotar de espazos adicionais aos centros de estudo- ou cando no abandono ás ANPAS pondo en risco medidas necesarias para a conciliación como os comedores escolares ou Plan Madruga.

O desprezo que sufrimos as estudantes é sintomático do trato que recibimos por parte da Xunta. Reclamamos solucións aos nosos problemas, por un ensino público galego, universal e con perspectiva pedagóxica. 

As estudantes de Erguer. Estudantes da Galiza témolo claro: Basta de criminalización do estudantado, AS ESTUDANTES NON SOMOS O VIRUS!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará