ESADG: unha vez máis, a loita do estudantado dá os seus froitos
Após tres días de folgas e concentracións en Compostela, Pontevedra e Vigo, a Xefatura Territorial aceptou algunhas das demandas do alunado e profesorado da ESADG (Escola Superior de Arte Dramática de Galiza):
- Restitución da metade do profesorado que fora eliminado neste curso.
- Substitución do inspector do centro.
Unha vez máis, a loita do estudantado dá os seus froitos.
Mais non é suficiente: seguiremos combatendo ata acadar todos os obxectivos: recuperación ao completo do cadro de persoal e adscrición á Universidade das Ensinanzas Artísticas Superiores.
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira