⚠️Alerta!!⚠️ Agresión machista no Campus Sur de Compostela

Esta tarde dous homes de aproximadamente 40 anos agrediron a unha estudante da USC na zona da Conchi, á que agrediron verbalmente e agarraron dun brazo mentres visibelmente tentaban agredila sexualmente até que foi quen de fuxir dos violadores.

Desde Erguer queremos espallar a alerta feminista sobre a agresión que tivo lugar no espazo da nosa universidade e denunciar plenamente que estas violencias estean á orde do día en todo o mundo e normalizadas ou invisibilizadas polo sistema patriarcal que as sustenta. Ningunha agresión sen resposta!!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará