Estamos no momento de derrogar a LOMCE! O próximo 24 de novembro sae ás rúas na folga convocada pola organización estudantil Erguer. Estudantes da Galiza!

O estudantado da ESO e Bacharelato está totalmente desprotexido este curso coa chegada da LOMCE e das reválidas, vivindo nunha incerteza total sobre cales serán os contidos que entren nesta proba e como será a mesma.
Estamos ante unha lei imposta polo PP na que aínda que aprobemos todos os cursos da ESO ou do Bacharelato, o que determinará se obtemos o título ou non será un único exame. Isto non serve de nada para a nosa formación e aprendizaxe, só para memorizar contidos e vomitalos nunha proba.
É tamén unha lei que ataca a nosa lingua, xa que con ela as horas impartidas en galego diminúen. Pretende españolizar o noso ensino ao devolver competencias educativas ao goberno do Estado. Este centralismo desemboca en que non poidamos ter acceso ao coñecemento da nosa historia e cultura propias como galegas e galegos.
Ademais, coa LOMCE a Relixión conta para a media, dando máis facilidades para acceder a unha carreira ou a unha Bolsa ao alumnado que a curse.
Por estes e moitos máis motivos, é fundamental que sigamos loitando porque se paralice e non se aplique neste curso, e finalmente se derrogue. Sabemos que o goberno do Estado e da Xunta están a sentir a presión de ter a profesorado, familias e estudantado en contra desta lei de educación, e necesitamos seguir transmitindo ese rexeitamento para lograr derrubar a LOMCE coa folga deste 24 de novembro. Baleiremos as aulas e enchamos as rúas por un ensino público, de calidade, democrático e non patriarcal, no que a LOMCE non teña cabida!

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *