24 de Xullo, ás rúas pola independencia!

Dende Erguer. Estudantes da Galiza facemos un chamamento, xunto con outras 20 colectivas xuvenís, a participar por sexto ano consecutivo na manifestación da mocidade independentista do 24 de xullo (ás 20h na Alameda en Compostela).

Entendemos que as mozas somos o motor dun futuro que o capitalismo e o patriarcado nos nega. Para elo loitamos día a día contra a violencia dun sistema que nos dificulta os estudos e precariza os nosos traballos, obrigandonos a emigrar en busca dunha estabilidade inviable na Galiza. Para rematar con esta realidade, as mozas galegas sabemos que non chega cunha reforma dun réxime podre e herdeiro do fascismo.A única vía posible é o camiño da independecia por iso tomaremos ás rúas o vindeiro martes para facernos oír. Porque mediante a organización e a loita venceremos co obxectivo de organizar rúa a rúa, barrio a barrio e vila a vila á mocidade independentista galega para trazar xuntas as liñas de actuación cara a República Galega. Este ano a manifestación parte dun proceso aberto, onde se están a realizar asembleas abertas para participar na preparación do 24X por todo o país.

Loitemos xuntas para sermos ceibes, coma clase e coma pobo!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará