25 XULLO, POR UN ENSINO DE NOSO
Este 25 de xullo, día da patria galega, o estudantado nacionalista e independentista sae ás rúas de Compostela para reivindicar a necesidade dunha Galiza soberana.
As estundantes do noso país precisamos unha Lei educativa propia, que teña en conta as nosas necesidades específicas e que defenda unha ensinanza científica, pedagóxica e feminista
Fronte a un sistema españolista que ataca a nosa nación, facéndoa día a día máis dependente, e que deslexitima o noso idioma e cultura deixándoos nun segundo plano.
Fronte a un sistema capitalista que asoballa os intereses das mozas. Que nos precariza e obriga a estudar e traballar mentras mantén un sistema de competición continua entre compañeiras.
Nós facemos fronte a él e loitamos, un ano máis, pola liberación social da nosa clase, xénero e nación.
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira