Apoiamos ao estudantado do IES A Xunqueira II ante a negación da entrada ao IES por vestimenta inapropiada

Onte, venres 26 de maio, mañá do día seguinte ao acto de graduación de 2º de bacharelato, os alumnos e alumnas que se graduaran presentáronse no instituto, seguindo a tradición, sobre as oito menos cuarto da mañá, cantando e bailando no vestíbulo do IES A Xunqueira II ata o comezo das clases.
Ao comezo das aulas, o equipo directivo pechou as portas do instituto con chave, negándolles a entrada ás rapazas e rapaces que non estaban “vestidos apropiadamente” porque así “ían provocando”.
Erguer parabeniza ao estudantado que decidiu saír das aulas e encher as escaleiras e o vestíbulo en defensa das súas compañeiras e ao profesorado que o apoiou. Unha sentada a modo de protesta contra as condutas machistas do equipo directivo e contra o perigo que supón ter as portas do centro pechadas.
Tamén denunciamos a actitude violenta da dirección chamando á policía e ameazando ao profesorado solidario con sancións. Sobre todo porque non é a primeira vez que neste IES teñen problemas co equipo directivo.
Dende Erguer denunciamos as condutas violentas e machistas do equipo directivo e facemos un chamamento a estar cada venres ata rematar o curso concentrándonos nas portas do instituto por un ensino democrático, sen violencia e sen machismo.

COMPARTIR
PARTILHAR
Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *