Comunicado contra One of Us

Hoxe, 18 de setembro, a iniciativa europea de ultradereita One of Us chega a Compostela para celebrar un congreso baixo o lema de “Por una Europa fiel a la dignidad humana”. Pretenden así espallar a súa mensaxe ultraconservadora “pro-vida e pro-familia”, que xa ten eco no Estado español a través de plataformas como Hazte Oír. 

Deste xeito, grupos como One of Us e a ideoloxía que defenden constitúen un ataque á sociedade libre e digna que loitamos por construír, atentando directamente contra as mulleres e o colectivo LGTB.

O Concello de Santiago de Compostela, lonxe de impedir que teñan voz e espazo, recibirá oficialmente á plataforma, poñendo o mito liberal da respectabilidade de todas as ideas por enriba da seguridade e defensa do pobo. Reclamamos ao noso alcalde, Xosé Antonio Bugallo, que nos explique que Compostela pretende concibir ao acoller ideoloxías que nos violentan día a día e que constitúen un lastre para o avance da nosa sociedade.

Nós temos claro que na nosa Compostela o fascismo non ten cabida. Por iso animámosvos a organizar unha resposta clara e unida, demostrando a One ofUs, aos seus simpatizantes e ao propio Concello que non o imos tolerar.

Acode e difunde!

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *