Comunicado perante a violencia policial en Compostela

 

No día de onte, nunha nova manifestación en Compostela en protesta polo desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer, volvemos ser testemuñas dun exercicio de terrorismo policial.

A mobilización dirixiuse cara ás antigas instalacións do Colexio Peleteiro, e varias persoas procederon a ocupalas pacificamente en protesta polo desaloxo do Escárnio e para esixir un uso social para as mesmas. Despois disto, o amplo dispositivo policial que acompañara as manifestantes –un helicóptero e moreas de furgóns- procedeu a lanzar botes de fume e gas lacrimóxeno dentro do mesmo, e a internarse nas instalacións para disparar ás persoas pechadas dentro con pelotas de goma. Outros axentes e mais policías de paisano infiltrados entre as manifestantes comezaron tamén a cargar contra as persoas concentradas fóra do edificio.

Após isto, foi inmensa a cantidade de detencións realizadas pola Policía, e parte das manifestantes trasladáronse ás portas da comisaría para protestar pola violencia policial exercida durante toda a xornada e para esixir a súa posta en liberdade. Contra a unha da madrugada saíron ás 20 persoas identificadas, mais ficaron dentro dúas detidas que non foron postas en liberdade até aproximadamente as 03:30 da mañá, após intervención de avogados.

Desde Erguer. Estudantes da Galiza denunciamos este novo episodio de violencia policial e enviamos toda a nosa solidariedade ás manifestantes que foron detidas. 10, 100, 1000 centros sociais!

COMPARTIR
PARTILHAR
Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *