Concentración polos dereitos académicos das presas independentistas galegas

Erguer impulsa unha concentración polos dereitos académicos das presas independentistas galegas. A protesta terá lugar o luns 24 de setembro, ás 14:00, na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC (Universidade de Santiago de Compostela).

A continuación publicamos o comunicado redactado polas compañeiras deste centro con motivo do acto:

Nós, estudantes de Ciencias Políticas e da Administración na USC, convocamos este luns 24 de setembro unha concentración solidaria para reclamar os dereitos académicos dos que non poden, os presos independentistas galegos. Facemos do mesmo xeito un chamamento aos diferentes colectivos sociais, políticos e estudantís a espallar o encontro e os motivos do mesmo.

Desde o ano 2003, as presas que queiran cursar estudos universitarios nas prisións do Estado español teñen que facelo obrigatoriamente na UNED, coas limitacións en acceso a graos e mestrados, e o encarecemento no pago da matrícula e taxas, alén da imposibilidade de cursar un segundo grao de balde. No momento que alguén decide estudar ten que se por en contacto coa coordinadora de estudos do cárcere, que moitas veces tarda en dar resposta arbitrariamente ás peticións das persoas presas, especialmente as das persoas encarceradas por motivos políticos.

O material de estudos é significativamente máis caro dentro que fóra da prisión. Neste caso tamén temos que ter en conta que a posibilidade de obter diñeiro para unha persoa encarcerada resulta bastante máis dificultosa, dependendo sempre do seu entorno familiar e círculos de amizades.

Alén de todas as limitacións que padecen as presas sociais e políticas no seu conxunto, denunciamos os impedimentos que sofren as presas independentistas galegas como Raúl Agulheiro, membro de Erguer, imposibilitando o seu acceso a módulos de estudo e padecendo retencións no material académico alegando “motivos de seguridade”, retrasos que son totalmente inxustificados e que se producen de xeito constante, e mesmo sancións para impedir o dereito a exame das persoas presas nalgunha materia.

Deste xeito, concentrarémonos na porta da nosa facultade, onde estudou Raúl e a escasos metros da Facultade de Dereito, grao que cursa neste momento, como mostra de solidariedade e denuncia da situación de presión, acoso e vulneración dos dereitos das presas independentistas galegas.

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *