Continuamos en loita, compañeiras!

Vimos de vivir un 8M histórico. Rúas e prazas de todo o país desbordaron coa dignidade do movemento feminista galego. O paro e as mobilizacións, que se deron a nivel internacional, marcaron o día de onte como punto de inflexión na Historia.

Tantos meses de traballo deron os seus froitos, e fica de agora en diante moito por aglutinar e un grande movemento emancipatorio que non pode ficar no anecdótico desta xornada.

As estudantes galegas precisamos máis que nunca formación en materia feminista, levar esta reivindicación aos centros de ensino e seguir traballando pola destrución do patriarcado. Dotarnos de espazos propios para traballar de xeito unitario e con máis forza ca nunca debe ser o obxectivo de aquí en diante.
Noraboa compañeiras, verémonos pronto para organizarmos e construír o feminismo de clase que precisamos.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará