Contra a suba da nota mínima para o acceso a becas

A consellería de educación sen previo aviso volveu dar un novo golpe ao ensino público subindo un punto a nota mínima para acceder á beca da matrícula o primeiro curso. Con esta suba do 5,5 ao 6,5 as estudantes perdemos o acceso á única beca á que se podía optar tendo menos dun 6,5.

Os recortes na educación, as subas das taxas, a redución das becas e profesorado, o peche de varios colexios son medidas que o único que procuran é que as fillas das obreiras teñamos máis trabas para poder acceder ás ensinanzas superiores.E esta medida non é moito menos.
Dende Erguer. Estudantes da Galiza rexeitamos este novo ataque ás nosas becas que só prexudicará ás estudantes con menos recursos e reivindicamos un ensino público onde todas teñamos acceso a cursar ensinanzas superiores sen importar as circunstancias económicas.

COMPARTIR
PARTILHAR
Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *