Día da muller na ciencia

Hoxe, Día Internacional da muller na Ciencia, reclamamos a inclusión nos planos de estudo a todas as mulleres científicas que traballaron día a día contra o sistema opresor que lles negaba o recoñecemento e formación. Sistema que durante toda a historia,e incluso agora, reléganos a un plano secundario amosándonos nas aulas referentes científicos unicamente masculinos. Mulleres como Mabel Loza García, Olga Moreiras Tuni, Ángela Ruiz Robles, Alicia Estévez, Ana María Prieto. Isto non é un erro, quérennos desinformadas e sumisas para evitar calquera mostra de cuestionamento do sistema patriarcal.

Este 8 de marzo as estudantes saímos ás rúas polas mulleres esquecidas, as mulleres que fixeron historia pero son silenciadas. Nós non as esquecemos, nós homenaxeámolas!

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *