Erguer ante a sentenza contras as dirixentes políticas catalás

Chegou o día, o día no que se cumpliron os nosos temores. 12 representantes escollidas democráticamente acaban de ser condenadas polo Estado español a máis de 100 anos de prisión en conxunto por exercer a vontade do pobo que as escolleu. Neste pesadelo kafkiano, as demócratas son tratadas de golpistas e os carcereiros aparecen coma heroes e salvadores da “sacra” unidade de España.

Hoxe somos espectadoras dunha terribél farsa na que os valores democráticos son inutilizados polos mesmos líderes políticos que se autoproclaman defensores dos mesmos. Tamén son cómplices desta farsa os medios de comunicación, que actuaron como voceiro dun único discurso, onde os bos eran os homes de Madrid mentres que o inimigo estaba en Catalunya. Esta sentenza é outro cravo máis no cadaleito da democracia e unha ofensa para toda aquel que teña un mínimo sentido de xustiza.

Dende Erguer mostramos o noso rexeitamento a esta condena e reafirmamos o noso compromiso coas 12 persoas sentenciadas e a loita do pobo catalán. Os valores democráticos da nosa organización obrígannos a recalcar o uso partidista que se está a facer da Xustiza para reprimir a vontade dun pobo que, exercendo os seus dereitos democráticos, votou a unhas representantes que levan case dous anos en prisión polo simple feito de materializar a vontade do pobo que as votou.

Hoxe é un día triste, mais dende Erguer queremos mandar unha mensaxe de solidariedade co pobo catalán e reafirmar o noso compromiso internacionalista. Malia a sentenza xudicial, a loita continúa e a victoria está preto.

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *