Erguer apoia a cadea humana pola liberdade das presas independentistas galegas

Erguer fai un chamamento ao estudantado galego, e ao pobo traballador en xeral, á participación na XI cadea humana pola liberdade das presas independentistas galegas, que terá lugar en Compostela mañá, martes 24 de xullo —véspera do Día da Patria—. Convocada por Ceivar, partirá da praza de Galiza ás 18:30.

Máis unha vez, esiximos a inmediata posta en liberdade das presas independentistas galegas, secuestradas polo Estado español por loitar consecuentemente pola libeación nacional e social de Galiza. Denunciamos as vulneracións de dereitos que sofren as presas políticas, especialmente a ilegal e inhumana dispersión penitenciaria.

Erguer esixe, tamén, o arquivo da Operación Jaro (I e II), e o fin da represión contra a independentismo galego.

COMPARTIR <BR /> PARTILHAR <BR />Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *