Erguer chama á participación na marcha contra Celulosas

Erguer fai un chamamento ao estudantado e ao pobo traballador galego en xeral á participación na marcha convocada pola APDR (Asociación pola Defensa da Ría) contra Celulosas. A manifestación será este sábado, 16 de xuño, con saída das Alamedas de Pontevedra e de Marín ás 19:30.

A participación na mesma cobra especial importancia este ano, pola mudanza no Goberno español, xa que a presión da rúa será fulcral para lograr que o PSOE cumpra a súa palabra e anule a prórroga de 60 anos concedida a Ence en 2016.

Aliás, denunciamos a que talvez sexa a máis nefasta consecuencia da presenza de Ence na ría de Pontevedra para o resto do país: a eucaliptización, e, derivada desta, os lumes que todos os anos golpean Galiza.

Ence fóra da ría!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará