Erguer, co estudantado catalán

Erguer saúda ao estudantado catalán, que hoxe vai á folga baixo o lema “1-O. Ni oblit, ni perdó! Construïm la República”, e ás organizacións Universitats per la República e SEPC (Sindicat de Estudiants del Països Catalans).

Manifestamos a nosa solidariedade co pobo catalán, desexando a pronta implementación da República catalá. Unha vez máis, denunciamos e condenamos o carácter antidemocrático do Estado español, cárcere de pobos.

Esiximos a inmediata posta en liberdade das presas independentistas catalás, que as exiliadas poidan volver ao seu país e o fin da represión contra o arredismo —tamén da exercida polos Mossos d’Esquadra—, así como a saída das forzas de ocupación.

Visca la República catalana!
Visca els Països Catalans lliures!

Solidariedade nas facultades da USC

Hoxe, aniversario do referendo do 1-O, as compañeiras da USC colocarom faixas e lazos solidarios en diferentes facultades.

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *