Erguer e a Revolta habilitan no CS servizo de biblioteca!

Na cidade de Vigo só hai unha biblioteca que proporcione un horario nocturno (de luns a venres de 8:30 a 3:00 da noite) en plena época de exames, sendo esta a biblioteca da Escola de Enxeñería Industrial (Peritos) na rúa Torrecedeira. Ningunha outra biblioteca da cidade abre polas noites, agás a do Auditorio Mar de Vigo que pecha ás 24h en período de exames. Según o censo da UVigo do ano 2016/17 hai 21.235 alumnas na Universidade; sen embargo, a biblioteca de Peritos conta soamente con 315 postos de estudo e nas fins de semana pecha ás 22h. Ademáis a biblioteca ríxese polos exames de Enxeñería, así que o horario nocturno remata xunto cos exames oficiais da facultade aínda que no resto de facultades o período de exames non rematase. Os servizos das bibliotecas e dos espazos de estudo situados no CUVI rematan ás 21:30 xunto co transporte público ás instalacións. Mentres que a outra biblioteca dependente do Concello, a Xoan Compañel, situada no casco vello, pecha as portas ás 20:30.

Ante a pasividade do concello de Vigo e da Universidade e a popular demanda dunha ampliación do horario nocturno das bibliotecas públicas no período de exames, vémonos na obriga de ser nós mesmas as que atendamos as nosas necesidades. É por isto que Erguer. Estudantes da Galiza xunto co apoio do centro social A Revolta do Berbês, imos estar de 10h a 14h e de 16h a 03h da madrugada todas as fins de semana na Revolta para toda aquela estudante que precise un espazo de estudos no que preparar os exames.

Se é o teu caso, non dubides mandarnos unha mensaxe a través das redes a Erguer Vigo ou Erguer. Estudantes da Galiza para que poidamos ter cadeiras libres a túa disposición!

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *