O grande éxito da folga estudantil será o berce para novas mobilizacións

0b44aed3-bf7c-43ad-98a4-f3bc13819c4eErguer. Estudantes da Galiza valora moi positivamente o éxito acadado na folga estudantil de hoxe, mércores 13 de abril, nas 18 mobilizacións convocadas por esta organización en todo o país. Houbo un gran baleirado das aulas de todos os centros de ensino, tanto medio coma universitario, chegando a un apoio á folga do 90%. Ademais, houbo unha enorme participación do estudantado nas mobilizacións convocadas, chegando a unha presenza de aproximadamente 8500 persoas.

A Responsábel Nacional de Organización de Erguer. Estudantes da Galiza, Iria Figueroa, afirmaba que as dezaoito mobilizacións que convocamos en todo o país foron un éxito absoluto. Amósase que Erguer. Estudantes da Galiza é a ferramenta que o estudantado galego precisaba para respostar aos ataques do estado español contra o ensino público con máis forza e máis unidade, e isto púidose ver claramente no decorrer das distintas mobilizacións convocadas para hoxe.

Estamos convencidas de que o gran seguimento da mesma en todo o país visibiliza o rexeitamento do estudantado galego e da comunidade educativa cara á lexislación española e os atentados da mesma contra o ensino público. Con todo, cremos que isto debe de ser respostado o antes posíbel esixindo a Feijoó que desde Galiza se reclame a total derrogación da LOMCE, sen paralizacións parciais. Ademáis, este tremendo apoio á folga en todo o país demostra que é preciso que Erguer siga a ser o referente do estudantado galego, continuando coas mobilizacións e coa loita por acadar un ensino público, de calidade epensado por e para Galiza.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará