Grande éxitos dos paróns de aulas!

Desde Erguer. Estudantes da Galiza avaliamos moi positivamente o grande éxito das concentracións convocadas para esta mañá ás 12 en todos os centros de ensino. Decenas de facultades e institutos de todo país se sumaron ao parón de aulas e centos de estudantes reclamaron a asunción de responsabilidades políticas por parte da Xunta de Galiza e a mudanza do noso modelo forestal.
Os montes abandonados, os monocultivos de eucalipto, a prórroga concedida a ENCE na Ría de Pontevedra ou as autorizacións para construír en terreo queimado son as verdadeiras causas que explican a catástrofe ecolóxica de onte, a meirande no noso país desde o Prestige. É unha tremenda irresponsabilidade política que Feijóo se dedique a botar balóns fóra e que sigamos a falar de “pirómanos”, cando os verdadeiros incendiarios son as grandes empresas con intereses en especular co terreo dos nosos montes.
Demóstrase, coa extensa resposta popular do estudantado, que o pobo galego é quen de tecer solidariedade e artellar reivindicacións con rapidez, fronte á inoperancia e incompetencia da Xunta de Galiza. Xa onte o observamos co grande operativo veciñal para apagar os lumes e coas redes de axuda para as persoas que foron desaloxadas dos seus fogares. Esta tarde, ás 20, nas concentracións convocadas en múltiples cidades e vilas galegas, volveremos velo!

COMPARTIR
PARTILHAR
Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *