Información sobre as becas MECD

Onte publicouse no BOE a convocatoria de becas de carácter xeral para estudos posobrigatorios do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para o curso académico 2016-2017.

Para optar a elas debes de estar cursando o Bacharelato, unha Formación Profesional, unha carreira universitaria, calquera curso de preparación para acceso á universidade ou á FP, un mestrado, estudos de idiomas na EOI ou calquera tipo de ensinaza superior do tipo artístico, deportivo, etc. Lembra que os doutorados e os estudos de especialización non están incluídos no acceso a estas Bolsas. O prazo para solicitar a beca esténdese até o 3 de outubro para estudantes non universitarias e até o 17 de outubro para as universitarias, podendo cumprimentar a solicitude a través do formulario que podes atopar no apartado de “Trámites e Servizos” da sede electrónica do Ministerio de Educación (https://sede.educacion.gob.es). Poderás comprobar na mesma ligazón o estado de tramitación da solicitude.

As becas poden ser de contía variábel (produto da ponderación da nota media da estudante e da súa renda familiar, con importe mínimo de 60 euros) ou fixa, para a que existirían diversas opcións:

  1. Beca de matrícula para universitarias: cubre o importe dos créditos nos que te teñas matriculado para este curso.
  2. Ligada á renda –tanto para universitarias como para non universitarias-: 1 500 euros.
  3. Ligada á residencia da estudante durante o curso –para universitarias e non universitarias-: 1 500 euros.
  4. Beca básica para non universitarias: 200 euros.

O teu limiar de renda, o número de membros da túa familia, a túa necesidade de desprazamento por motivo de estudos, a túa situación familiar e a túa nota media son algúns dos factores que determinan a que tipo de becas podes optar e cal será a contía das mesmas que poidas percibir. Se precisas consultar tales datos, podes atopalos no Real Decreto 293/2016, de 15 de xullo, polo que se estabelecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das becas e axudas ao estudo para o curso 2016-2017 (https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A- 2016-6846).

Para calquera dúbida ou problema que teñas, non dubides en contactar connosco a través do noso correo electrónico (nacional@erguer.gal) ou redes sociais e axudarémoste no que sexa preciso.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará