Mais umha vez o estudantado á rúa

Mércores 13, unha nova batalla do estudantado galego, unha nova xornada de folga nos centros de ensino da Galiza.

Desde o 2013 o movemento estudantil galego leva facendo forza contra a LOMCE e a estratexia universitaria 2015, agora 2020, sen pausa, confianza e avanzando na acumulación de forzas que permitan botar abaixo e paralizar estas e todas as medidas privatizadoras, clasistas e españolizadoras que o Estado Español quere implantar no noso ensino.

Máis a consecución desta ardua tarefa só é posíbel mediante a organización do estudantado galego no seu conxunto. E a creación de ERGUER supón un significativo avance nesa materia, agora temos a ferramenta que precisabamos, tempos a punta de lanza na que aglutinarnos e da cal facer un referente para todo o estudantado de clase popular da Galiza e coa cal poderemos golpear con forza sobre a mesa.

Xa nos últimos anos as forzas estudantís da esquerda independentista e nacionalista teñen deixado claro nun bó número de ocasións a súa capacidade de convocatoria e influencia no estudantado, máis sen ser capaces nunca de articular un movemento estudantil con coesión, un movemento estudantil realmente vivo, combativo e de masas. E a chegada da unidade orgánica é o mellor momento para comezar a camiñar nesta dirección. E este día 13 pode significar o inicio desta nova etapa do estudantado galego organizado, unha nova etapa chea de victorias e conquistas nas rúas e aulas do país.

Tamén, máis unha vez, voltamos coincidir en convocatoria co SE, e máis unha vez debemos demostrar que na Galiza os movementos populares articúlanse baixo dinámicas propias e non se someten a mandatos teledirixidos desde Madrid. Porque se ben a organización do estudantado é importante, aínda o é máis que esta manteña a súa autoorganización, xa que como estudantes dunha nación oprimida debemos crear co exemplo as condicións que nos permitan exercer os nosos dereitos como povo contra as imposicións do Estado, representado polo proxecto nacional español, que maltrata a nosa lingua e cultura, o cal mantén a esperanza de ser quen de asimilarnos e que tamén representa a  cara máis voraz do capitalismo na Galiza.

Mái spara a súa desgraza, máis unha vez imos mostrarlles, como ben dixo Castelao, que son uns imperialistas fracasados e o seguirán sendo, xa que as estudantes galegas temos a vontade e o convencemento de seguir a manter erguida a bandeira da Patria, empurrando pola constrtucción do noso Estado Galego libre de explotación e con bases no feminismo, o único cadro xurídico onde teremos un ensino adecuado ás nosas necesidades, un ensino pensado por e para Galiza.

Por isto e por moitísimo máis, o mércores 13 as estudantes saímos ás rúas da Galiza!

Artigo de Jurjo Diz publicado em Diário Liberdade

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *