Ningunha agresión sen resposta!

Vimos de coñecer un novo caso de agresión machista en espazos habilitados para o lecer, desta vez no festival Armadiña Rock organizado en Poio. A moza foi agredida nun momento que quedou soa nun recuncho escuro de Combarro. O agresor, de 38 anos, encontrase agora en liberdade, andando sen ningún problema polas nosas rúas.

Xa sabemos que isto non é un caso illado, que non hai espazos e momentos concretos nos que podemos ser agredidas. Nun ano no que o feminismo tivo unha maior notoriedade, estas noticias fan reafirmarnos no noso compromiso e na vontade dunha maior toma de conciencia sobre a opresión que sofren as mulleres por parte do sistema patriarcal e capitalista.. Mais non abonda. As leis da “xustiza” española non fan máis que desampararnos e arrebatarnos recursos para denunciar, quedando nunha posición de desprotección ante a lexislación, dando carta branca ós fillos do patriarcado para continuar agredíndonos sen ninguna impunidade.

Dende Erguer. Estudantes da Galiza queremos, por unha banda, brindar todo o noso apoio á rapaza agredida o pasado sábado en Combarro, así como salientar a súa valentía para dar o paso a denunciar, sendo conscientes que nunca é doado e máis baixo estas circunstancias. Denunciamos tamén a posta en liberdade do agresor após ter testificado, e por outra banda, cremos que cómpre pór en valor o papel das súas amizades, que conseguiron identificalo e así dar paso a denunciar.
Facemos tamén un chamamento a toda a mocidade a acudir á concentración que se fará hoxe en Combarro na Praza da Chousa ás 21h.

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *