Non a unha universidade privada na Galiza!

Dende Erguer rexeitamos a creación dunha universidade privada noso país.

O Goberno da Xunta segue coa súa campaña de privatización e elitización do ensino, promovendo e financiando unha universidade que ten como obxectivo cribar ao seu alumnado en función da súa renda.

Esta universidade estará impulsada por Abanca e por grandes empresarios.

Dende que o ensino entrou na OMC e, en 1995, nunha modificación da LOGSE na que o PSOE permitiu que o investimento privado e o capital puidera modificar o temario dos graos e másteres co obxetivo de formar á súa man de obra acorde ás súas necesidades, as estudantes somos unha mercadoría máis dentro do sistema capitalista.

A solución pasa por solventar con medios á universidade pública e unha recentralización da mesma no noso país, ademais de dotar ao alumnado con menos capacidade económica dunhas bolsas dignas para todas elas, ademais dos recursos necesarios para poder formarse dunha forma efectiva, non por crear unha maior desigualdade entre o estudantado galego.

A creación da mesma irá vinculada cunha subvención por parte da Xunta de Galiza cando actualmente os medios das universidades públicas galegas están en clara desvantaxe respecto a grande parte do estado pola nosa falta de soberanía.

Outra das problemáticas é o investimento privado no ensino, que actualmente xa acontece na Universidade Pública que permite que estas empresas poidan modificar os temarios dos graos e ter másters específicos co obxetivo de formar a futuros traballadores das súas empresas.

Dende Erguer non pararemos ata construír un ensino público, de calidade e accesible para todas!

Non a unha universidade privada!
Non a unha elitización do noso ensino!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará