NON AOS RECORTES NA USC!

O estudantado e o profesorado da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade de Santiago de Compostela,  volven estar ao tira e afrouxa coa equipa reitoral. Por se os recortes no Estado español, nomeadamente en materia de educación, non fosen xa suficientemente notorios no que a calidade e dignidade se refire, hai que sumarlle as decisións tomadas no seo do Consello de Goberno desta universidade.

O pasado 3 de marzo este órgano aprobaba un recorte salvaxe no tempo que o profesorado lle debía dedicar ao alumnado ao que lle titorizaba as prácticas, pasando así de 2 horas por alumno, a uns escasos 50 minutos. Isto significa, por unha banda, que o alumnado disporá dun seguimento das súas prácticas moito menos individualizado, e pola outra, que as prácticas pasarán a equipararse ao resto de materias teóricas, cando a súa carga de traballo e de competencias é evidentemente maior. O profesorado tampouco queda indemne, pois afirman que 50 minutos por alumno son imposíbeis, a consecuencia será a peor calidade no seguimento, e unha maior carga de traballo, pois o número de alumnas e alumnos aos que titorizará as prácticas será o dobre.

Actualmente atopámonos ante unha situación insostible na facultade de CC. Da Educación con respecto ao Practicum. A falta total de profesorado, a sobre explotación do actual, a falta de recursos e as diversas problemáticas á hora de obter un lugar onde facer as prácticas deben ser solucionadas para así ofrecer ao estudantado unha educación de calidade.

Dende Erguer. Estudantes da Galiza reclamamos as seguintes necesidades:

– Ratio docente/alumnado coherente, para poder atender as necesidades do estudantado. O cal melloraría a productividade docente e estudantil.

– Resolución das solicitudes para os practicumos nos tempos establecidos e facilitacións a hora de contactar con novos espazos.

– Avaliación real dos lugares onde se realizan as prácticas e quitar da listaxe os que non deben ter convenio coa USC.

-Pedimos que o reitorado participe nunha xunta de facultade extraordinaria para explicar o acontecido.

Dende Erguer.Estudantes da Galiza, apoiamos e participamos no movemento asambleario da Facultade de CC da Educación. Traballamos por conseguir sacar a diante todas as propostas que están xurdindo así como o parón activo do próximo Mércores 22 de Marzo.

Este parón activo será visibilizado polas rúas de Santiago de Compostela, en concreto en lugares emblemáticos, e unha entrega de documentos no rexistro da USC.

Todo esto ligado á falta total de valoración cara as carreiras do ámbito das CC sociais.É totalmente inadmisíbel que os futuros profesionais de Educación galegos non reciban uns estudos de calidade para así desenvolver as capacidades e habilidades de cada persoa. Consideramos vital a necesidade de que as persoas coñezan a situación real destes problemas e unha solidariedade por parte do conxunto de facultades da USC para conseguir o que é o obxectivo fundamental común; unha educación de calidade.

COMPARTIR
PARTILHAR
Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *