O 8 de marzo as estudantes tamén paramos!

As estudantes galegas non estamos exentas da existencia dunha sociedade machista e patriarcal, incluso dentro dos centros educativos esta realidade intensifícase e tradúcese en cuestións máis concretas coas que temos vivir tódolos días. É por isto, que dende Erguer. Estudantes da Galiza, vemos necesario convocar ás alumnas á vindeira folga do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, para reinvindicar os nosos dereitos dende as aulas.
O sistema educativo do Estado español perpetúa a desigualdade entre homes e mulleres nas nosas aulas, sendo un exemplo moi claro a inversión nos colexios concertados que segregan por sexo seguindo os criterios dunha sociedade machista. Reinvindicamos un ensino público, para todas e todos por igual, no que se traballe con libros de texto que inclúan a todas as mulleres que ao longo da historia deixaron pegada e son invisibilizadas. Un ensino con perspectiva de xénero dende a base, no que non existan carreiras feminizadas e masculinizadas, no que estudemos en condicións de igualdade entre homes e mulleres e no que non haxa docentes con condutas machistas. En definitiva, convocamos ás rapazas estudantes a folga estudantil do 8 de marzo para loitar por un ensino feminista.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará