O CAPITALISMO NON É VERDE.

Desde Erguer. Estudantes da Galiza facemos eco das reivindicacións sociais que loitan contra o cambio climático. Somos conscientes da grave situación na que se atopa a sociedade e o planeta, xa que o esgotamento dos recursos, a alteración do clima, o exterminio de ecosistemas e a elevada contaminación ambiental son problemas reais aos que os grandes poderes fan oídos xordos a prol dos inamovibles intereses económicos, retroalimentando a pobreza e desigualdade social.

Desde Erguer. Estudantes da Galiza facemos eco das reivindicacións sociais que loitan contra o cambio climático. Somos conscientes da grave situación na que se atopa a sociedade e o planeta, xa que o esgotamento dos recursos, a alteración do clima, o exterminio de ecosistemas e a elevada contaminación ambiental son problemas reais aos que os grandes poderes fan oídos xordos a prol dos inamovibles intereses económicos, retroalimentando a pobreza e desigualdade social.

Ademais, vémonos na obriga de denunciar o interese en poñer o foco de atención nas consecuencias da crise climática (incremento das temperaturas, seca, escaseza de recursos, destrución da biodiversidade, ameazas para a saúde) e non nas súas causas: sistema económico Capitalista. O colapso ecolóxico é inevitable no Capitalismo, e por iso esiximos que a loita polo clima non sexa doutro xeito que unha loita anticapitalista. 

Sabemos que cada acción individual é importante e contribúe ao cambio colectivo, pero o cambio colectivo non é suficiente se non vai da man dunha revisión estrutural, e viceversa. Calquera emprego abusivo de recursos débese á sociedade de consumo que nos impón o sistema. Rexeitamos a hipocrisía das grandes corporativas ecoloxistas e sanitarias e das empresas que se camuflan tras o enfoque neoliberal do “capitalismo verde”,  e o seu ecoloxismo de escaparate, que silencian cos cartos o problema de raíz, e nada resolven. Temos o exemplo co que se permite o espolio enerxético na nosa terra, danando a nosas paisaxes, con fontes pseudoecolóxicas que nada teñen de alternativo mentres tamén pertenzan a grandes empresas como Iberdrola ou Acciona. 

Vemos máis que necesario reivindicar a realidade de Galiza. As políticas que se veñen dando desde sempre na nosa terra son as responsables de que exista unha pésima xestión dos recursos, de que ardan os nosos montes, do esgotamento e contaminación das nosas rías, do abandono do rural e da gandería e agricultura sostible e extensiva. Obrigan a reducir o consumo de proximidade con competencia desleal, condenan á precariedade ás traballadoras dos sectores de produción máis sustentables e fannos deixar os nosos cartos fóra da nosa terra e nos petos dos donos das empresas monopólicas que beben dunha salvaxe explotación humana, animal e do medio.

As estudantes poñemos en valor a importancia de tomar conciencia e participar desta loita, chamando á xente moza a mobilizarse o venres, 27 de Setembro.

Por un ecoloxismo con perspectiva de clase, pola superación do Capitalismo, e por un futuro digno para Galiza e para o mundo!

Somos críticas ao asumir que o colapso ecolóxico é inevitable no Capitalismo, e por iso esiximos que a loita polo clima non sexa doutro xeito que unha loita anticapitalista.

Sabemos que cada acción individual é importante e contribúe ao cambio colectivo, pero o cambio colectivo non é suficiente se non vai da man dunha revisión estrutural, e viceversa. Calquera emprego abusivo de recursos débese á sociedade de consumo que nos impón o sistema. Rexeitamos a hipocresía das grandes corporativas ecoloxistas e sanitarias e das empresas que se camuflan tras o enfoque neoliberal do “capitalismo verde”, e o seu ecoloxismo de escaparate, que silencian cos cartos o problema de raíz, e nada resolven. Temos o exemplo co que se permite o expolio enerxético na nosa terra, danando a nosas paisaxes, con fontes pseudoecolóxicas que nada teñen de alternativo mentres tamén pertenzan a grandes empresas como Iberdrola ou Acciona.

Vemos máis que necesario reivindicar a realidade da Galiza. As políticas que se veñen dando desde sempre na nosa terra son as responsables de que exista unha pésima xestión dos recursos, de que ardan os nosos montes, do esgotamento e contaminación das nosas rías, do abandono do rural e da gandería e agricultura sostible e extensiva. Obrigan a reducir o consumo de proximidade con competencia desleal, condenan á precariedade ás traballadoras dos sectores de produción máis sustentables e fannos deixar os nosos cartos fóra da nosa terra e nos petos dos donos das empresas monopólicas que beben dunha salvaxe explotación humana, animal e do medio.

As estudantes poñemos en valor a importancia de tomar conciencia e participar desta loita, chamando á xente moza a movilizarse o venres, 27 de Setembro.
Por un ecoloxismo con perspectiva de clase, pola superación do Capitalismo, e por un futuro digno para Galiza e para o mundo!

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *