O estudantado galego con Catalunya!

 

Perante o referendo do día de hoxe e a vaga represiva do Estado español co pobo de Catalunya, que nos deixa coas imaxes de urnas contra porras, desde Erguer. Estudantes da Galiza mostramos toda a nosa solidariedade internacionalista, conscientes de que este día de votación do pobo catalán por conquerir a súa liberdade é a única vía para romper a estaca fascista e podre do Estado español. Condenamos enerxicamente a ocupación de Catalunya, a incautación de material electoral e o cinismo das declaracións por parte da Subdelegación do Goberno español, xustificándose en “velar pola seguridade dos cidadáns de Catalunya”; así como a actuación das forzas policiais ao servizo do poder e toda a represión exercida por estas cara ao conxunto do pobo catalán. Isto demostra que o simple feito do exercicio dun dereito democrático coma o voto no actual marco do réxime do 78 é algo tan revolucionario que apenas nos fai reafirmarnos na vontade de acadar a liberdade da Galiza e situarnos do lado da democracia, apoiando a todos os pobos que loitan pola súa autodeterminación. De igual forma, animamos ao pobo de Catalunya a continuar a defender os seus dereitos básicos diante deste último intento do Estado de manchar un referendo saído da vontade popular, e a gañar a República da Catalunya, un Estado soberano de si mesmo.

Visca Catalunya Lliure!
O estudantado galego con Catalunya!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará