O estudantado galego e a loita polo clima

Desde Erguer. Estudantes da Galiza somos conscientes do momento crítico que nos toca vivir. Son numerosas as organizacións internacionais que levan anos avisando da deriva castrófica do noso planeta, e nos últimos tempos xa advirten da entrada nunha conta atrás irremediable que está nas mans da sociedade frear.


O mal emprego de recursos e o seu esgotamento, o cambio climático, o exterminio de especies e ecosistemas, e os elevados niveis de contaminación forman parte dunha realidade á que as grandes potencias fan oídos xordos, a prol dos inamovibles intereses económicos. 
Non podemos ver esta situación como algo illado do sistema no que vivimos, nin pensamos que se poida enfocar o problema soamente sobre as condutas individuais, as cales tamén son chave na loita. As maiores cantidades de plástico vertido ao mar son xeradas por empresas monopólicas, e a deforestación das selvas débese ao monocultivo destinado á produción intensiva dos países máis ricos. Calquer emprego abusivo de recursos débese á sociedade de consumo da que se alimenta o Capitalismo.
Vemos tamén constantemente a hipocresía de grandes corporativas ecoloxistas e sanitarias, que centran a nosa atención en recoller os lixos da praia ou e non empregar coches mentres reciben financiación privada para manter o silencio sobre cal é realmente a principal lacra para a Terra. 


Non esquecemos tampouco a realidade da Galiza. As políticas antiecolóxicas do noso goberno fan que ardan os nosos montes, que se ensucien as nosas rías, que a xente teña que abandonar o rural e a agricultura e gandería extensiva. Obrigan a reducir o noso consumo local, e a deixarnos os cartos fóra da nosa terra, de novo nas empresas e industrias pertencentes a uns poucos. Permiten o expolio enerxético, a costa de danar a nosas paisaxes, con fontes pseudoecolóxicas que nada teñen de alternativas mentres tamén pertenzan a grandes empresas como Iberdrola ou Acciona. 


Desde Erguer mostrámonos a favor das iniciativas e movilizacións que poidan xerar conciencia, mover ao estudantado cara un cambio e a mellora do futuro, mais insistimos en abordar os problemas desde a súa raíz e desde unha perspectiva de clase. 
A loita contra o cambio climático ten que ir collida da man da loita anticapitalista, e só coa superación deste poderemos frear a catástrofe ecolóxica.

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *