O estudantado independentista, coa Marcha às Cadeias

Erguer fai un chamamento á participación na XIII Marcha às Cadeias, que terá lugar o sábado 1 de xuño.

Recentemente, após anos de loita, a resposta solidaria do movemento popular conseguiu acadar o traslado dos presos independentistas galegos a cadeas no noso territorio. Porén, aínda quedan reivindicacións pendentes e dereitos non respeitados. Así, Erguer esixe o respecto dos seus dereitos académicos, a súa progresión de grao, a mellora xeral das súas condicións de vida na prisión e o recoñecemento da súa condición de presos políticos. Aliás, reclamamos, unha vez máis, a súa inmediata posta en liberdade.

Demandamos, tamén, o arquivo da Operación Jaro, o fin da represión contra o independentismo galego, a amnistía de todas as represaliadas políticas, a retirada de Galiza das forzas de ocupación españolas e a derragoción de toda a lexislación represiva española.

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *