Perante a violencia policial nas rúas de Compostela

No día de onte, por volta dás 9h da mañá a policía española chegaba ás portas do CSOA Escárnio e Maldizer na Zona Vella de Compostela, con orden xudicial de desaloxo. Neses momentos varias persoas concentrábanse xa fronte ao CSOA cunha faixa, sendo dispersadas pola primeira carga policial do día, para asi proceder a continuación ao tapiado do edificio.

Como resposta o movemento popular da cidade convocaba concentración para ás 20h na Praza 8 de marzo, a cal congregou ao redor de 400 persoas, que acabarían saíndo en manifestación pacífica polas rúas do casco vello. A normalidade mantívose até o momento en que as forzas do orde do Estado español cargan contra a cabeceira da manifestación sen motivo aparente, tal é como xa tiñan feito horas antes pola mañá. Ante as desmesuradas cargas, as manifestantes responderon lexitimamente para defenderse da agresión policial, desencadeando enfrontamentos en diferentes rúas. O confronto saldouse con varias persoas lesionadas e unha inconsciente por culpa da brutalidade policial, esta persoa membro da nosa organización, foi detida e levada ao hospital primeiramente, e á comisaria policial, onde pasou a noite, posteriormente.

Desde ás 9h do dia de hoxe, ducias de solidarias concentráronse ás portas da comisaria e dos xulgados, a onde se encamiñou ao compañeiro para prestar declaración, á espera da súa posta en liberdade, a cal non se deu até as 11:30h.

Desde Erguer Estudantes da Galiza, expresamos primeiramente, a nosa repulsa perante o desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer, son os espazos auto xestionados coma este, os que crean nos nosos barrios eixos de contra poder, de cultura e de encontro social, fora das dinámicas do capital.

Así, como tamén, rexeitamos a violenta intervención policial sen motivo algún, e esiximos a inmediata posta en liberdade sen cargos do noso compañeiro detido após os confrontos.

10, 100, 1000 centros sociais!

COMPARTIR
PARTILHAR
Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *