Por un ensino non LGBTfóbico

O 17 de Maio, día das letras galegas, é tamén o día de reivindicación contra a LGBTfobia. Nel conmemórase a data na cal, en 1990, a homosexualidade foi eliminada da lista de enfermidades mentais. Dende logo este non era o obxetivo final desta luita nen o é nos nosos tempos. Días como este bríndannos a oportunidade de seguir denunciando as discriminacións que sufrimos dende este colectivo e para coordinar accións que servan para avanzar nos nosos dereitos.

Neste momento non hai medidas suficientes para prever a LGBTfobia nas aulas. Debido a isto, os centros de ensino, que son un espazo fundamental na formación e na socialización da mocidade, son espazos de discriminación e intolerancia. Isto produce que moitas alumnas non se sintan aceptadas ou non se acepten a si mesmas.


Dende Erguer reclamamos que as aulas deben ser unha peza chave no fin das opresións. Por isto reclamamos un ensino que se preocupe polas estudantes e que lles brinde unha educación socioafectiva non LGBTfóbica. 

O 17 de Maio non pode ser unha data a maiores no calendario. Día a día debemos loitar contra  LGBTfobia!



COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *