Proposta de Erguer. Estudantes da Galiza para a equipa directiva do IES Xunqueira I

Desde Erguer. Estudantes da Galiza valoramos negativamente a toma de decisións por parte da dirección do IES Xunqueira I que afectan directa, ou indirectamente ao estudantado sen ter en conta a súa opinión.

Reivindicamos un sentir maioritario entre as estudantes do IES Xunqueira I de que os exames en tres días non favorecen as necesidades do estudantado, por iso recollemos neste documento unha proposta, saída dunha Asemblea Aberta o día 27 de maio no IES Xunqueira I, que agardamos que serva para chegar a un acordo entre profesorado, alumnado e dirección do centro.

A proposta consta dos seguintes puntos:

  • Que os exames se marquen a comezo de curso, de forma orientativa para non obstaculizar as diferentes actividades académicas que poidan ir xurdindo durante o curso (excursións, actividades culturais, etc.) e reivindicacións estudantís que vaian xurdindo tamén durante o calendario docente.
  • Para ser modificada a data dun exame fixado deberá argumentarse e socializar o motivo entre o estudantado.
  • Para ser modificada a data dun exame terá que haber unha marxe de tempo razoábel para non influír negativamente ao estudantado.
  • Entre exame e exame terá que haber un mínimo de 48h, para que non haxa unha acumulación excesiva de exames en certas datas, favorecendo así a mellor aprendizaxe con tranquilidade para fixar mellor os contidos. En cambio a concentración dos exames en 3 días favorece a facer unha aprendizaxe momentánea para un exame.
  • Os exames marcaranse sempre chegando a un acordo entre dirección, profesorado e estudantes. Preferibelmente nunha asemblea aberta para cada curso.
  • Algún destes puntos ou a totalidade deles poderá ser incumprido sempre e cando haxa unha maioría de cada actor (estudantes, profesorado, dirección) que así o desexe.

Ademais esperamos que non se volvan tomar decisións de forma unilateral e antidemocrática sen ter en conta as preferencias e necesidades do estudantado deste centro.

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *