Seguimos nas rúas, o espazo de conquistar os nosos dereitos!!

O debate do ensino está desaparecido do Congreso dos Deputados, onde moitas das forzas políticas con representación no mesmo ían, supostamente, a pular na Cámara pola derrogación da LOMCE. Porén, a realidade coa que nos atopamos é con que están todas elas pasando polo aro do Partido Popular, que pretende agochar a LOMCE debaixo da alfombra como se a suspensión das reválidas fose suficiente e supuxese a superación total do debate.

Esta mesma mañá, perante a folga no ensino convocada por Erguer. Estudantes da Galiza, o Conselleiro de Educación declarou que as reivindicacións que sustentaban a mesma eran “antigas”, nunha exemplificación inmellorábel de cal é o discurso: a LOMCE, malia estar plenamente vixente, é para o Goberno “cousa do pasado”, e dese xeito pretenden normalizar a situación esperpéntica que vivimos no ensino.

Fronte a esta situación, o estudantado demostrou no referendo sobre a Lei Galega de Educación –no que votaron 8000 persoas en 70 centros de ensino cun 94% de votos a favor da mesma– que a vontade é reclamar unha alternativa a todas as imposicións que nos veñen dadas desde o Estado español e a Unión Europea. Demostrouno de novo hoxe na folga estudantil convocada por Erguer, con preto dun 90% de seguimento no ensino medio e con trece mobilizacións en distintas cidades e vilas do país, colocando o ensino no centro do debate e formulando con claridade a Lei Galega de Educación como alternativa necesaria.

Desde Erguer. Estudantes da Galiza seguiremos apostando por avivar o conflito social que outros se empeñan en apagar e por dar debates para construírmos un modelo educativo ao servizo do estudantado. A próxima semana visitaremos novos centros de ensino do país e comezaremos a deseñar os seguintes pasos a dar para elaborar a alternativa educativa que precisamos e demandamos. Seguimos nas rúas, o espazo de conquistar os nosos dereitos!!

COMPARTIR
PARTILHAR
Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *