Sobre as baixas producidas no Consello Nacional

Con motivo do acontecido nos últimos tempos no seo da nosa organización, desde Erguer. Estudantes da Galiza queremos realizar un comunicado público explicando os procesos internos que se deron ante a saída dun sector participante até hai escasos días da nosa organización.

Erguer ven de vivir unha situación excepcional e impactante para o conxunto das compañeiras. Tras “informacións” expostas por parte de persoas que acaban de abandonar a organización, vémonos obrigadas a desmentir publicamente as falsas acusacións así como o relato co que pretenden transmitir o sucedido, a fin de causar danos na imaxe de Erguer.

Cabe en primeiro lugar afirmar que non se produciu ningún tipo de persecución política cara ninguna persoa en concreto. O proceso que se sucedeu foi unha petición de traslado á Comisión de Garantías, órgano encargado de mediar nos conflitos e velar polo respecto dos dereitos das organizadas, da apertura de dous procesos de investigación. Por unha banda, en relación ás prácticas propias do máis puro caciquismo, coa inclusión nos censos, interesada e partidista, de persoas militantes en Xeira para acadar maior número de votos na nosa II Asemblea Nacional. Doutra banda, pola defensa dun violador en espazos públicos por parte da ex-Responsábel de Organización, e da ex-Responsábel de Relacións Sociopolíticas e Internacionais. Esta petición foi realizada por varias compañeiras de Acción Feminista de Erguer dado que non nos sentimos seguras compartindo espazos con persoas que militan nunha organización como Xeira, que encubre e defende a violadores. Tampouco entendemos que dentro dun espazo non mixto como é a Asemblea de Acción Feminista, chamado a buscar a maior seguridade, poidan ter cabida rapazas que se poñen do lado do violador antes que da vítima, chegando a expresar neste organismo que o termo correcto é “abuso sexual” por non haber violencia de por medio, e vulnerando polo tanto non só a seguridade deste espazo, senón tamén un dos principios ideolóxicos da nosa organización, o feminismo.

Ademais, condeamos o medo que están a sufrir compañeiras tanto da nosa organización como alleas á mesma, xeralmente que viven en Compostela, cara esta banda xuvenil polas múltiples agresións verbais e físicas dadas nas noites compostelás, en varias ocasións por discrepancias políticas ou por denunciar públicamente que encubren a violadores.

Dentro deste conxunto de accións que tomaron unha vez se lles pide que sexan consecuentes coas actitudes e manifestacións públicas de posturas patriarcais, deron comezo a unha estratexia de  difundir que se vulneraron dos acordos aos que chegou a Asemblea de Acción Feminista, argumentando que unha compañeira do Consello
Nacional pediu ao órgano de dirección a publicación das resolucións da
asemblea. Ademais, cómpre engadir que a esta xuntanza trasladouse un comunicado (no cal explicábase o ocorrido en Compostela cun compañeiro noso) e o conxunto da ANAF votamos democraticamente por modificalo, contextualizando como está agora mesmo a situación en Compostela coa xente de Xeira, o que nos axudou a chegar a unha serie de conclusións finais, sendo este organismo soberano na nosa organización. Na asemblea non se falou da publicación das resolucións, mais o Consello Nacional acordou, dada a gravidade da situación, que era necesario facer público o acordado na ANAF, nun proceso de transparencia ante a militancia e simpatizantes de Erguer.

Despois de que estas dúas persoas solicitaran a baixa, outras compañeiras vinculadas a elas decidiron abandonar tamén a organización. Entendemos que esta situación é debida á  manipulación e terxiversación do acontecido realizada polas dúas persoas que tiñan un proceso de investigación aberto. Desde o Consello Nacional vémonos na obrigar de aclarar o sucedido, por isto nos poñeremos en contacto persoalmente con todas as compañeiras  que abandonaron a organización mais que continúan con ganas de seguir construíndo un ensino galego. Erguer continuará o vindeiro curso coa enerxía e ganas que debe ter
unha organización estudantil e seguirá contribuíndo a fomentar a autoorganización do estudantado en chave de país, en cada centro da Galiza.

 

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará