Solidariedade coas estudantes residentes no CM San Clemente

Desde Erguer-Estudantes da Galiza queremos denunciar a situación que padecen as estudantes aloxadas no CM San Clemente, as cales van ser desaloxadas no medio do período de exames e de exposicións de TFG.

As estudantes deste colexio maior xa presentaron unha serie de queixas pedindo que se amplíase o prazo de aloxamento ata que rematasen os exames. Porén, a USC ignorou rotundamente todas as súas queixas e remitiunas a que buscasen outra estancia noutra residencia a partires do 1 de xullo.

Dende Erguer amosamos todo o noso apoio ás estudantes e esiximos á USC (Universidade de Santiago de Compostela) que prorrogue a estancia das afectadas ata que fechen as actas, xa que, de non ser así, poderían verse seriamente perxudicadas academicamente por esta situación, non podendo adicarlle aos seus exames o tempo necesario para poder preparalos axeitadamente.

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *