Solidariedade co pobo catalán

Dende Erguer queremos solidarizarnos nunha data destacada para o pobo catalán como é o 1 de outubro.

Lembremos que 2 287 000 persoas mobilizáronse este mesmo día fai dous anos para reivindicar o dereito a exercer unha liberdade tan básica como decidir o seu futuro libremente.

O Estado español exerceu a súa maquinaria represiva, tanto por parte dos mass media, como das forzas de ocupación cara o pobo catalán, tratando que non se puidera levar a cabo o referendo.

O transcurso deste día non fixo máis que visibilizar a represión que vivimos os movementos rupturistas co réxime vixente, desde que o mesmo existe.

Hoxe queremos darlle un contido especial e adicarllo a todas as presas políticas do Estado que están afastadas da súa terra e sometidas a un sistema carcelario que pretende a súa destrución humana e política, simplemente por defender con dignidade ao seu pobo.

As estudantes galegas témolo claro: a autodeterminación non é un delito, é un dereito fundamental das clases populares.

Lluitem pel nostre dret a ser lliures. Lluitem per un nou futur per a la nostra terra. Som poble, som Països Catalans.

#Nioblitniperdó

#GalizacomCatalunya

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará