Valoración da folga do 16F

Desde Erguer. Estudantes da Galiza valoramos moi positivamente o éxito da folga estudantil deste 16F, secundada polo 90% das estudantes de ensino medio e polo 80% das do universitario.

As dezaseis mobilizacións realizadas en distintas cidades e vilas galegas foron un éxito de convocatoria e nelas o estudantado demostrou que quere un modelo de ensino radicalmente distinto ao que se nos impón mediante a LOMCE e o 3+2. 

A mobilización ten que seguir a ser a nosa principal ferramenta para alzar a nosa voz e esixir que se nos teña en conta na construción do sistema no que nos formamos. Mentres a LOMCE siga sen estar plenamente derrogada, o Decreto do 3+2 pendente de aplicar ou un pacto educativo que é unha mera maquillaxe da LOMCE en construción, seguiremos saíndo ás rúas a defender o ensino público galego.

Seguiremos a construír movemento estudantil nas comarcas galegas e a impulsar a autoorganización do estudantado galego!

COMPARTIR
PARTILHAR
Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+

Aínda non hai comentarios

Por que non ser o primeiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *