Valoración da folga do 24N


Erguer. Estudantes da Galiza valora moi positivamente o éxito acadado na folga estudantil deste xoves 24 de novembro, que tivo un 90% de seguimento nos centros de ensino medio e unha gran participación do estudantado nas dezasete mobilizacións conovacadas por Erguer en distintas cidades e vilas do país, nas que saíron á rúa preto de 4 000 estudantes.
A responsábel de organización de Erguer, Iria Figueroa, afirmaba que a loita contra a LOMCE non remataría con esta mobilización: “o ensino medio seguirá en loita até que consigamos a derrogación da LOMCE, non nos valen as mensaxes confusas que lanza Rajoy á sociedade dando a entender que non haberá máis reválidas, mentres lexisla en sentido contrario, marcando cando comezarán a ter valor académico. Non pararemos aquí e seguiremos en constante loita até que consigamos tumbar esta lei que atenta contra o ensino público galego. Conseguimos importantes avances a través da mobilización e da autoorganización do estudantado e cremos que seguir nesta liña será o que nos leve a acadar a definitiva derrogación da LOMCE, para así comezar a camiñar cara a construción dun ensino público deseñado por e para o noso país, no que a comunidade educativa galega teña voz”.

COMPARTIR
PARTILHAR
Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+

Un comentario

  • pablo lamas di:

    eu mais un amigo meu queremos participar en erguer dalgunha forma, imos ao instituto e estamos totalmente de acordo coas vosas ideas,mais non sabemos que podemos facer

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *