Xornadas “As mulleres na historia”

A Historia sempre nos contou o que aqueles que a escribiron quixeron facernos chegar. Existen grandes falsedades e ocultacións nesta disciplina, froito do enfoque unicamente masculino que se lle deu, esquecendo o papel da metade da poboación no devir histórico. Este tipo de prácticas deben ser corrixidas, e por iso, con motivo do 25 de Novembro, día contra a violencia machista, organizamos dende Erguer. Estudantes da Galiza unhas xornadas sobre o papel da muller na Historia. Para facer visibles ás que foron ocultadas, para tirar abaixo estereotipos e para inverter na medida do posible a concepción da Historia heteropatriarcal dominante.

As charlas que celebramos na Facultade de Xeografía e Historia da USC son:

“A MULLER NA PREHISTORIA: MITOS E REALIDADES”
– Martes 29, 20h, Aula 5.
– Con Mar Llinares, profesora de Prehistoria da USC.

“AS GUERRILLEIRAS KURDAS”
– Mércores 30, 20h, Aula 5.
– Con Ana Miranda, Portavoz do BNG en Europa.

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *