Greenwashing. Sabes o que é?


Mercas unha botella de CocaCola, e a tapiña, moi amabelmente, reza “Por favor recíclame”.
Mentres, todo o embotellado é plastificado, a súa produción é hipercontaminante e as traballadoras
son explotadas.
Iso é Greenwashing.
McDolar queima o Amazonas para obter máis terreo de pastoreo para meter o seu gando, gando
que asasinará para hamburguesas. Eh, pero tranqui, as bolsas son de papel reciclado. Non te fixes na
estudante explotada que cha sirve.
Iso é Greenwashing.
“Hoxe, oferta de soia texturizada e quinoa. Superalimentos e ecolóxicos” –di o anuncio. Unha soia
producida por Monsanto, a maior empresa agroquímica que mata á Natureza cas súas sementes e os
seus herbicidas, a maior empresa destrutora da agricultura sostíbel do povo Latinoamericano. Unha
quinoa que deixa na ruína as pequenas e locais agricultoras peruanas que levan 4000 anos
cultivándoa, porque as grandes empresas monopolizan mercado, esnaquizando o medio para
satisfacer a demanda capitalista.
Iso é Greenwashing.
E que non é Greenwashing?
A tenda local, a tradicional, con produto da Nosa Terra. A ecolóxica de verdade. A que trae o
produto do día. A que non che dá bolsa de plástico, porque xa levas ti de tea. A que as súas
traballadoras non son explotadas.
A persoa que, se pode, inda que custe, vai a pé ou en bici, porque non lle vén en gaña apañar o
autobús. A que apaga a luz. A que en vez de luces LED, prefire os lucecús. A que leva a súa botella de
reuso. A que se nega a que Ence lle meta eucaliptos no seu terreo. A que decide plantar unha horta.
A persoa que le, se documenta, e se forma. A persoa que se organiza e loita.
Iso NON é Greenwashing. Iso é ecoloxismo, ecoloxismo de clase. A única solución. O único futuro.
Camarada, que o capitalismo non te engane! Únete a nosa loita porque…
XUNTAS,
STOP GREENWASHING!

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *