No Nadal tamén estudamos!

“Loitamos por un ensino galego, público, feminista, laico e de calidade”. Esta é, probablemente, a consigna máis utilizada no seo do movemento estudantil galego, e é a máis utilizada pola mensaxe directa e chea de contido que garda dentro dela.
O estudantado galego levamos tempo reinvindicando un ensino público e de calidade, isto é, que cubra as nosas necesidades e que sexa un punto prioritario nas políticas galegas . Mais cales son os “micro” problemas nos que se traduce a putrefacción do sistema educativo español? Pois por exemplo, a día de hoxe atopámonos cunha gran eiva entorno á problemática bibliotecaria, a escasez destes edificios e a falta de investimento público nos mesmos.
Somos moitas as que non podemos acceder a un espazo tranquilo onde poder estudar e facer os traballos de clase, consecuencia de seguir recortando en materia educativa. Isto imposibilita habilitar novos espazos para poder estudar, limitación de horarios dos que xa existen ou que se masifiquen as bibliotecas municipais e universitarias.
Precisamos un maior número de bibliotecas centradas nas necesidades das estudantes, que nas épocas de exames e entregas de traballos abran e se adapten aos nosos horarios, potenciando a inversión en infraestruturas e contratando máis persoal para cubrir as respectivas quendas. Un servizo bibliotecario digno e público tamén inflúe na calidade do noso ensino.
COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará