O goberno de progreso abandona e privatiza o ensino público

Onte coñecíamos que o Goberno español instaba ás universidades a buscar financiación privada.

Fotografía de Info Libre.

O proceso de privatización da universidade que os diferentes gobernos españois veñen levando a cabo nesta última década é inimigo do modelo de ensino polo que loitamos. A financiación pública debe ser garantía de igualdade de oportunidades, así como dun ensino público científico, non clasista, feminista e con perspectiva pedagóxica. Neste sentido, nestes útlimos anos ollamos como as diferentes leis educativas están marcadas por unha perspectiva mercantilista, promovendo a integración como man de obra extremamente precaria dun estudantado que rematou uns estudos nun sistema educativo depauperado. Primeiro retiran os recursos da universidade pública e posteriormente introducen a empresa privada xustificándose na falta de recursos.

En Erguer defendemos e defenderemos o ensino como un dereito básico e universal, ao servizo das persoas e non do capital.
O estudo, a investigación e docencia han ser públicas e de calidade, porque só así podemos garantir un mellor futuro para o estudantado do presente.

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *