Ocuparemos o noso lugar no ensino!

Días coma hoxe aproveitamos para unir as nosas voces contra a violencia que o patriarcado exerce sobre toas nós. Así o queremos facer desde a Acción Feminista, denunciando a invisibilización que sufrimos dentro do ensino. Isto pasa pola presenza de persoal docente feminino, o número de libros e manuais recomendados escritos por mulleres, etc., máis entre todo o abano que podemos expor como produtos do patriarcado, que incide directamente sobre a nosa educación e que exclúe ás mulleres do papel que tivemos nos avances científicos e culturais para a creación do coñecemento, queremos sinalizar un aspecto concreto e ben chamativo que perpetúa esta situación de silenciamento das nosas voces e das nosas contribucións ao coñecemento.

Falamos da presenza das mulleres nos libros de texto e manuais, pois se ben as mulleres fomos sempre apartadas de todo aquilo ao que se lle outorga valor e é por isto que son máis os expoñentes homes nos campos de estudo, a actual porcentaxe de mulleres nos libros é ridícula e non lle fai xustiza á importancia que moitas tiveron.

Existe unha historia silenciada, que ten que ver coa usurpación do traballo e mérito de científicas ou referentes culturais por coetáneos seus e a falta dunha labor de reescritura dos acontecementos. É o caso de John Stuart Mill, quen admitiu que Harriet Taylor fora coautora de moitas das súas obras, ou de Rodin e Camille Claudel, sobre o que podemos sinalar que ademais de ser el quen ten levado o mérito de obras dela, que as obras que si lle recoñecen non son equiparadas ás de Rodin, se ben a calidade é a mesma. É por isto que nn se trata de que producísemos menos coñecemento ou de peor calidade, vemos que non é así en múltiples exemplos ao longo da historia, senon que de que todo o traballo realizado por nós será ocultado e illado. Isto ten un claro obxectivo e é perpetuar que os referentes de coñecemento sexan masculinos, o que ten fatais consecuencias sobre nós, que aprendemos por socialización e modelos de referencia.

Cómpre sinalar que as culpábeis desta estafa cultural, que reproduce os intereses do patriarcado, que nos expropia referentes fundamentais para a construcción dun saber colectivo máis científico, histórico e feminista. Neste punto cabería culpar ás editoriais dos manuais, porén os contidos sobre que se debe estudar e os que non veñen fixados pola Administración e o traballo das editoras é un pouco máis que adaptalos.

Ocuparemos o noso lugar no ensino! #QueremosEstudalas #8M

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *