Perante os acontecementos represivos dos últimos días

O 20 de xuño, a Policía española detivo 9 persoas, acusadas de participar da combatividade exercida na primeira manifestación contra o desaloxamento do centro social okupado Escárnio e Maldizer (Compostela).

Erguer-Estudantes da Galiza manifesta a súa solidariedade con estas persoas, celebra a súa posta en liberdade e esixe a súa absolución.

Máis unha vez, denunciamos a brutal represión practicada pola Policía española nas manifestacións do 30 de maio e do 10 de xuño, transmitindo o noso apoio ás persoas que resultaron feridas nas cargas ou que posteriormente foron multadas.

Por outra banda, o día 21 a Guarda Civil española detivo tres membros de Ceivar pola súa actividade solidaria coas presas independentistas galegas, no marco da Operación Jaro II.

Ao igual que coas represaliadas do Escárnio, manifestamos a nosa solidariedade con elas, celebramos a súa posta en liberdade e esiximos a súa absolución.

Aproveitamos para esixir o feche da causa aberta contra as nove persoas detidas na primeira fase da Operación Jaro e para denunciar o papel da Audiencia Nacional española, tribunal de excepción, na criminalización do independentismo galego. Tamén demandamos a saída das forzas de ocupación españolas do noso país e a posta en liberdade das presas independentistas galegas, encerradas por loitar consecuentemente pola liberación nacional e social da Galiza.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará