Por unha vivenda digna.

Na Galiza , vimos observando nos últimos anos unha tendencia preocupante como son o aumento dos pisos turísticos e a falta de ofertas dignas de aluguer para as clases populares, que en moitos casos, non poden afrontar os prezos desorbitados e o aumento do aluguer dos mesmos a causa da especulación inmobiliaria.

Vemos como ano tras ano , os pisos redúcense nas nosas cidades no que a desregulación  fai que floreszan os prezos. Xa que en moitos casos retíranse pisos do mercado para utilizalos como pisos turísticos ilegais, o que fomenta a especulación inmobiliaria e polo tanto as estudantes somos unhas das grandes prexudicadas.

A isto debemos sumarlle que nas principais cidades universitarias galegas sobretodo nas masificadas, sexa por estudantes, turistas ou ambas é difícil encontrar pisos asequibeis e ubicados perto dos centros de estudo, ademais que polas condicións materiais das clases populares e o aproveitamento dos inquilinos da situación de desesperación do estudantado, entregan moitos dos mesmos nunhas condicións  precarias que dificultan a nosa actividade lectiva.

Todo isto ten como resultado que as estudantes teñamos que buscar aloxamento lonxe das facultades, incluso nalgúns casos, fóra das propias  nas que estudamos, algo que consideramos que é totalmente inadmisible.

Dende Erguer ,queremos denunciar a situación de desamparo que sufrimos as estudantes , pola incapacidade de poder acceder a un dereito como é o da vivenda digna. 

Entendemos que para isto é preciso a regulación dos pisos turísticos e combater a especulación inmobiliaria , ademais dun aumento de prazas nas residencias públicas. 

O acceso a unha vivenda digna é un dereito, non un privilexio!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará