Por unhas bolsas dignas! A nosa formación non é un privilexio!

As estudantes temos a oportunidade a recibir dende que comezamos a estudar unha serie de axudas económicas, estas poden ser de varios tipos, primeiramente dependendo do nivel académico no que se estea cursando.

Moitas veces estas axudas non son fieis á realidade, se non que supoñen unha especie de compensación para aquelas familias que teñen que esforzarse para asegurar que os seus fillos e fillas estuden nunhas condicións o máis dignas posíbeis, sen cubrir o gran custe que supoñen as infraestruturas escolares, e, se temos en conta os criterios para outorgar ou non estas axudas, concluímos que os intereses distan moito de garantir unha formación digna para todas.

A aprobación da LOMCE supuxo unha degradación aínda maior neste aspecto. Dita lei premia o bo rendemento académico e castiga o malo, acusándose máis á hora de acceder a estudos posteriores , proceso no que tamén se ten en conta o centro con mellores cualificacións. No ensino medio a falta de capacidade económica está estreitamente vinculada ás dificultades ou non á hora de ter un rendemento académico determinado. Se existen dificultades económicas, probablemente haxa problemas doutro tipo que afectan ao alumnado tanto familiar como mentalmente, e consecuentemente plásmase no seu rendemento escolar. Isto determina o futuro de milleiros de familias ás cales se lles imposibilita que as estudantes non poidan seguir os seus estudos e ter unhas mellores condicións vitais.

Isto complícase ao rematar o ensino obrigatorio, xa que en vez de axudas concretas pídense bolsas económicas para cubrir as matrículas, o material, o transporte, etc. Unha vez chegadas a este punto complícase a continuidade da formación da maioría da poboación pertencente ás clases populares, xerando unha competencia e condutas individualistas para nutrir o sistema capitalista que mercantiliza o noso ensino.

O custe do ensino universitario, máis completo e con máis competencias para atopar o día de mañán un emprego máis “estable”, teoricamente, encarécese por múltiples circunstancias e reprodúcense os valores sistémicos anteriormente mencionados. Prímase a nosa media por riba da renta familiar, o que obriga a moita xuventude a abandonar máis cedo os estudos, traballar en precario para pagalos ou estudar en condicións de inferioridade se temos en conta que ao ter menos recursos económicos repercute no noso rendemento académico. Máis iso, a tardanza coa que se ingresan as becas imposibilita a continuidade dos estudos ou dificulta estudar con normalidade durante varios meses. Isto, e a escasez numérica de bolsas, levan a unha exclusión paulatina da clase traballadora do ensino superior que pode determinar as súas condicións vitais e a súa formación persoal.

Finalmente, a última nova por parte do goberno do Estado español céntrase nunha suba das bolsas nos últimos orzamentos do Estado. Iniciativas como a do actual goberno pretenden apaciguar o descontento latente no estudantado ofrecendo pequenas esmolas que pouco varían a situación de precariedade na que estamos inmersas.

Dende Erguer. Estudantes da Galiza, reinvindicamos o seguinte:

  • Un maior investimento nas bolsas académicas para dotarmos de ferramentas e ter un futuro digno
  • Un ensino ao servizo da clase traballadora, mudando os criterios para as concesións de bolsas, primando a renta económica
  • Unha educación pública e de calidade que asegure o acceso aos estudos das máis desfavorecidas
  • Unha Lei Galega de Educación que recolla todas e cada unha das reinvindicacións expostas no comunicado.

A nosa formación non é un privilexio!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará